Friday 17 de May de 2024

Cid destaca a “remontada espectacular” de Alvedro, que pecha 2014 nos primeiros postos do ranking de AENA en crecemento de pasaxeiros, cunha suba do 17,74% con respecto a 2013


O tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, recorda o cambio de tendencia do aeroporto, que finaliza o exercicio con 988.834 usuarios, o que supón 148.997 viaxeiros máis que hai un ano

O tenente de alcalde de Emprego e Empresa e presidenta do Consorcio de Turismo, Luisa Cid, valorou hoxe a evolución de Alvedro no último ano e recordou que o aeroporto experimentou en 2014 unha “remontada espectacular como a que non tivo ningún outro aeroporto deAENA”.
Cid valorou os últimos datos de AENA que reflicten que Alvedro pecha 2014 con 988.834 pasaxeiros, é dicir, 148.997 máis que en 2013 e a só 11.166 do millón de pasaxeiros, cifra que referenda -indicou a edil- este cambio de tendencia, con crecementos consecutivos que o situaron nos primeiros postos do ranking deAENA en canto a incremento de pasaxeiros nun momento no que case todos os aeroportos españois perderon usuarios.
A edil recordou que aínda que “era previsible” que este ano non se alcanzaría o millón de pasaxeiros, se trata dunha prioridade do Goberno local. “É un obxectivo polo que seguiremos traballando para conseguir máis rutas e maior conectividade”. Neste sentido, engadiu que os acordos coas aeroliñas continuarán defendendo os intereses da cidade, con rutas non só estacionais, senón estables que dean resposta á demanda.